Sunday 19 de May de 2024

Programa especial informativo en Radio Oleiros polas eleccións municipais


O domingo 28 de maio, a partir das oito da tarde, Radio Oleiros emitirá un programa especial no que se informará minuto a minuto sobre os resultados electorais en Oleiros e noutros concellos da comarca. Haberá análises por parte de xornalistas especializados e tamén terán voz os distintos candidatos e candidatas unha vez se complete o escrutinio.

O programa estará dirixido por Jacobo Castro e contará coas análises de Sergio Casal e Antón Prieto. Adrián Valiño encargarase de ir dando a coñecer os resultados tan pronto como se vaian coñecendo.